GUIÓN


O guión da curtametraxe PUREZA, de Jacobo Paz, foi galardoado co 2º premio no certame “Historias transfronteirizas”, convocado pola Deputación Provincial da Coruña no marco do proxecto europeo Culturnova, no que participou como socia a Cámara Municipal de Viana do Castelo (Portugal). A produción da curtametraxe foi financiada íntegramente pola Deputación Provincial da Coruña.

GRAVACIÓN


Durante a gravación de PUREZA, os actores tiveron a oportunidade de realizar improvisacións sobre os seus personaxes como parte do proceso interpretativo. As aportacións de Estíbaliz Veiga, Denis Gómez, Fernando Morán e Vicente de Souza fixeron que algúns aspectos da trama inicial fosen modificados e grazas a súa colaboración a historia gañou en intensidade e emoción.

SINOPSE


Hugo é un rapaz galego de boa familia que está namorado de Ana, unha rapaza de orixe humilde que quere chegar virxe ao matrimonio.

PAIXÓN


PUREZA é unha curtametraxe que, desde unha perspectiva contemporánea, aborda unha trama que busca os seus referentes nos dramas sentimentais clásicos.

EMOCIÓN


PUREZA reflicte os paradoxos da desestruturación da familia nuclear tradicional e indaga nos territorios emocionais polos que transitamos durante o século XXI.

ROMANTICISMO


Para desenvolver a trama de PUREZA subvertéronse os esquemas preconcibidos do drama romántico e incorporáronse elementos da nosa idiosincrasia. Deste modo o conflito da historia é consecuente coa realidade actual da nosa contorna e ao mesmo tempo ten un significado universal.

TABÚ


PUREZA aborda o tabú dun xeito similar a como se fai en Edipo Rei, de Sófocles, por iso ten presente a eficacia dramática do teatro clásico e emprega mecanismos propios da traxedia grega.

CONFLITO


PUREZA é un proxecto que permite singularizarse coa estética dos dramas románticos que indagan na paixón xuvenil como un elemento perturbador da existencia.

AMOR PROHIBIDO


PUREZA aborda a temática do amor prohibido. Un asunto tratado desde diferentes ópticas e por diversas culturas e que alcanzou o seu cumio artístico con Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.

NATURALISMO


As nosas referencias cinematográficas son as películas europeas que conmoven ao espectador logo de conseguir a empatía cos protagonistas. Procuramos, por tanto, un achegamento naturalista aos personaxes e a súa realidade social. Exemplos desta actitude encontrámolos en Ingmar Bergman (Un verán con Mónica, 1952); Carl Theodor Dreyer (Gertrud, 1964); Luchino Visconti (Morte en Venecia, 1970); Krzysztof Kieslowski (Non amarás, 1988) e Lars von Trier (Rompendo as ondas, 1995).

DENIS GÓMEZ é HUGO


O noso protagonista é fillo dun prospero empresario galego que estudou para seguir os pasos de seu pai. Desde moi novo quedou orfo de nai. Foi criado polo seu pai e aínda vive con el. Desexa estar con Ana.

ESTÍBALIZ VEIGA é ANA


Ana quere chegar virxe até o matrimonio. O seu obxectivo é levar unha vida familiar tranquila.